Leive EcoAdega Cabecera

Leive EcoAdega

Trátase dunha adega familiar, de colleiteiros, acollida á D.O. Ribeiro e que leva elaborando e comercializando viños ininterrompidamente dende varias xeracións

A adega está situada nun vello caserón que aínda conserva partes do s. XVII, localizado en Esposende (Cenlle). Asemade, o enoturismo constitúe outro dos eixos distintivos da empresa.

A visita á adega e aos seus viñedos, cun formato divertido e moi participativo, no que os visitantes embotellan o seu propio viño, dotan de orixinalidade a este producto. En recoñecemento a este servizo a adega conta coa Q de calidade turística.

Localización

A Torre 14, Esposende. 32454, Cenlle (Ourense)

698 166 665

info@leive.gal

www.aurealux.com